Tuesday 07 de May de 2024

Inscricións abertas no programa Mocidade Activa


Impulsado polos concellos de Fene, Mugardos e Neda, ofrecerá en xullo propostas de lecer saudable para nenos/as e mozos/as

Os concellos de Fene, Mugardos e Neda abren inscricións no programa Mocidade Activa, dirixido a nenos/as e mozos/as de entre 11 e 16 anos. Celebrarase en 2 quendas, do 4 ao 14 de xullo en Fene e Neda, e do 18 ao 31 de xullo en Fene e Mugardos. No caso do noso municipio, nas instalacións da polideportiva do Roxal, en horario de 10:30 a 13:30 horas. Será un espazo dinámico no que os rapaces poderán participar en rutas guiadas, obradoiros ao aire libre relacionados co medioambiente, deportes tradicionais, xogos colaborativos, radio, fotografía… propostas de lecer saudable.

A participación é gratuíta, e as prazas son limitadas, cubríndose por orde de inscrición. Debe formalizarse enviando un formulario -dispoñible na web municipalao enderezo servizos.sociais@fene.gal. O prazo remata o 28 de xuño (aínda que quedará aberto de non cubrirse as prazas ofertadas).

O programa Mocidade Activa forma parte do proxecto de prevención de condutas aditivas no eido local que promoven os tres concellos co apoio económico da Consellería de Sanidade.